ARQUÉTIPOS!

Axudas para a instalación de ascensores

Arquétipos!, Arquitectura, construcción, Coruña, Santiago, Vigo

Comments Closed


Comparte este articulo

Vense de publicar recentemente, por parte da consellería de infraestructuras e vivenda, un programa de subvencións  á instalación de ascensores e outros dispositivos de accesibilidade para edificios de tipoloxía residencial colectiva, vivendas dúplex e vivendas unifamiliares.

A convocatoria abriu o prazo de presentación de solicitudes o pasado día 5 de Setembro e rematará o 2 de Novembro deste ano 2017.

Entre outras cousas as axudas prevén que sexan subvencionables a instalación de ascensores, elevadores, salvaescaleiras e demáis dispositivos de accesibilidade. Tamén serán subvencionables os honorarios dos profesionais que interveñan, informes técnicos e certificados necesarios así coma os custos derivados da instalación dun ascensor e dos demáis dispositivos de accesibilidade (man de obra, materiais, etc.)

Serán persoas beneficiarias destas axudas as comunidades de persoas propietarias, as persoas físicas propietarias únicas de edificios de vivendas, as persoas físcas propietarias dun dúplex nun edificio de tipoloxía residencial colectiva e as persoas físicas propietarias dunha vivenda unifamiliar.

O total da subvención será en función do número de vivendas da edificación e a súa situación, seguirán os seguintes criterios:

a) Para as edificacións e vivendas sitas en ámbitos históricos e dos camiños de Santiago:

  1. Vivendas unifamiliares e dúplex: 60 % do gasto subvencionable, sen que poida exceder os 4.500 €.
  2. Edificios de tipoloxía residencial colectiva cun número de vivendas igual ou inferior a 8: 60 % do gasto subvencionable, sen que poida exceder os 35.000 €.
  3. Edificios de tipoloxía residencial colectiva cun número de vivendas superior a 8: 60 % do gasto subvencionable, sen que poida exceder os 28.000 €.

b) Para as edificacións e vivendas que non estean situadas en ámbitos históricos e dos camiños de Santiago:

  1. Vivendas unifamiliares e dúplex: 60 % do gasto subvencionable, sen que poida exceder os 2.500 €.
  2. Edificios de tipoloxía residencial colectiva cun número de vivendas igual ou inferior a 8: 60 % do gasto subvencionable, sen que poida exceder os 25.000 €.
  3. Edificios de tipoloxía residencial colectiva cun número de vivendas superior a 8: 60 % do gasto subvencionable, sen que poida exceder os 18.000 €.

c) En calquera caso, cando a actuación consista na instalación dun salvaescaleiras, a contía da subvención será dun 60 % do gasto subvencionable, sen que poida exceder os 1.000 €, en caso de salvaescaleiras de cadeira, e os 2.000 €, en caso de salvaescaleiras de plataforma.

Neste enlace pódese atopar a solicitude onde se enumera toda a documentación a entregar, que inclúe a necesidade de presentar un proxecto de actuación e un informe do edificio redactados por técnicos habilitados. Dende o estudio Arquétipos! Ofrecemos a posibilidade de encargarnos de todo o proceso de solicitude, así que se estades interesados, non dubidedes en poñervos en contacto con nós.

Estudio de arquitectura en Vigo e Santiago de Compostela

Vigo

Móbil: +34 649 324 824 (Ramón Viéitez)

Móbil: +34 651 535 628 (Alberto Cebral)

Santiago de Compostela

Móbil: +34 620 973 765 (Jacobo Formoso)