ARQUÉTIPOS!

Radón, o problema que non se ve

Arquétipos!, Arquitectura, construcción, Coruña, Radón, Santiago, Vigo

comentarios cerrados


Comparte este articulo

A presencia de gas radón no interior das nosas vivendas ou lugares de traballo é algo do que se ven falando con intensidade nos últimos tempos, tanto que durante este ano 2020 entrará en vigor un apartado específico do código técnico “CT-HS6 – Protección contra o radón”

Ao tratarse dun asunto que pode afectar á saúde, imos ser rigurosos e obxetivos en todos os datos que acheguemos nesta publicación. Como base, imos tomar como referencia a guía do radón do Instituto galego de vivenda e solo (IGVS) da Xunta de Galicia.

¿Qué é o radón? 

“O radon (Rn-222) é un gas radioactivo incoloro, inodoro e insípido que procede da desintegración radioactiva natural do uranio presente de forma natural nos chans e nas rocas, especialmente as de tipo granítico. Emana facilmente do terreo e ascende entre os poros deste, ata chegar á superficie, onde pasa ao aire e se desintegra emitindo unha serie de partículas radioactivas”

Como se le nesta descripción, o radón emana ao exterior con facilidade, pero a súa desintragración non ten maior incidencia para a nosa saúde cando nos atopamos no exterior. Non ocorre o mesmo cando o gas accede a espacios pechados, onde a desaparición das partículas radioactivas se produce dunha maneira máis lenta, aumentando así a súa concentración.

Read more