Encargo e situación de partida
A propietaria do inmoble presentounos o piso que acababa de mercar coma unha oportunidade para ela de vivir no centro, aínda que con certo temor de non ser capaz de transformar ese espazo escuro e anodino nun lugar onde poder escomezar un novo proxecto de vida. Nada máis visitar o inmoble e abrir as fiestras disipamos todo-los temores. O piso posuía grande cantidade de luz, unhas vistas bastante abertas e moitas posibilidades.
A situación que presentaba o inmoble era a dun espacio de oficina abandoado, terrazo no chan e tabiquería lixeira en madeira, falso teito de escaiola e cores neutras con madeira escura. O espazo era bastante alongado no eixo da entrada, polo que plantexaba un longo percorrido dende a entrada ata o final do piso.
Pola súa banda a propietaria demandaba un programa de necesidades sinxelo: dúas habitacións, unha cociña, aseo (s) e un estar. Unha cousa tamén quería, espazo de almacenamento que lle permitise gardar a maior cantidade de cousas que traía da súa vivenda precedente.
