Rehabilitación de edificación tradicional no casco vello de Vigo. A edificación preexistente tiña a singularidade dunha planta moi pequena e dunha xeometría en”cuña” cunha superficie útil de menos de 40m2 por planta.

Resolvimos o proxecto coa colocación de unha escaleira no medio da planta para distribuir a ámbolos dous lados do embarque/desembarque e cunha triple altura en forma de patio interior para recoller toda a luz do sur e introducila ata o semisoto.



