ARQUÉTIPOS!

Informe de Avaliación dos Edificios, listado do Concello de Vigo para o 2016

Arquétipos!, Arquitectura

Comments Closed


Comparte este articulo

Este ano desapareceron as famosas ITE (inspeccións técnicas da edificación) e foron substituídas polos IAE (informes de avaliación de edificios).

Este cambio fai que agora os edificios teñan que superar unha inspección técnica + unha de accesibilidade e unha de eficiencia enerxética. Segundo a lei os contidos do informe son:

  • a) A avaliación do estado de conservación do edificio.
  • b) A avaliación das condicións básicas de accesibilidade universal e non discriminación das persoas con discapacidade para o acceso e utilización do edificio, de acordo coa normativa vixente, establecendo se o edificio é susceptible ou non de realizar axustes razoables para satisfacelas.
  • c) A certificación da eficiencia enerxética do edificio, co contido e mediante o procedemento establecido para a mesma pola normativa vixente.

O Concello de Vigo xa ten publicado o listado de edificios que teñen que facer o informe este ano. Podedes consultalo premendo aquí.

En Arquétipos redactamos este tipo de informes en máis de 150 edificacións do Concello de Vigo polo que podemos considerarnos arquitectos especialistas na materia. Se tes algunha dúbida contacta con nos.