ARQUÉTIPOS!

Haz click sobre la imagen

1º Premio en el Concurso para la Rehabilitación de la Casa Rectoral de Santa Cristina de Cobres

Primeiro premio no concurso para a rehabilitación da Casa Rectoral de Santa Critina de Cobres

Hai 4 ideas que vertebran o noso proxecto:

1. A proposta de usos

O concepto sería próximo ós espazos de coworking  ou oficinas colaborativas, onde distintas empresas e autónomos comparten espazos para desenvolver as súas actividades profesionais. Isto fai que se comparta coñecemento, que se amplíen as redes de contacto profesional e que poidan crearse proxectos en común entre as diferentes empresas

A nosa proposta baséase en organizar as salas máis ruidosas e públicas na planta baixa 

Na planta primeira propoñemos a instalación das salas de traballo organizadas  do seguinte xeito:

No baixocuberta o que se accederá por unha escaleira de madeira reutilizando reclavas existentes na pedra da anterior hoxe desaparecida propoñemos os usos complementarios da planta de traballo:

2.  A cuberta e o baixo cuberta como elementos de categorización espacial e termorregulación

A cuberta e o baixo cuberta serán os elementos novos de “maior entidade” en calquera das propostas, polo tanto propoñemos que ademais das funcións habituais de protexer da chuvia e do frío teñan dúas características que os farán especiais.

2.1          A categorización espacial da planta primeira. Facemos a proposta de baixo cubertas de sección variable en función dos usos da planta inferior, o baixo cuberta poderá desaparecer para gañar altura na primeira planta ou poderá acoller usos complementarios a ésta.

2.2          A termorregulación. Os espazos baixo cuberta das edificacións tradicionais sempre desenvolveron esta pouco recoñecida función xa que as cubertas non estaban illadas. Nos propoñemos as dúas salas as que nos referimos no punto anterior (relax e teléfono) aí onde as salas da planta primeira son maiores e polo tanto protexémolas do frío.

3. A porta ó parque

A sala polivalente da planta baixa pide a gritos unha apertura cara o parque tanto para saír a tomar algo fora, como para estender as actividades ó exterior como para gañar luz nun espazo que é moi escuro por mor do tamaño dos ocos que o serven. Isto é un tema delicado nunha edificación catalogada ambientalmente polo que centramos boa parte dos esforzos do deseño en resolver axeitadamente esta apertura.

Facemos a proposta de agrandar unha das fiestras existentes e levala ata o chan para facela porta. Esta modificación no alzado podería ser moi agresiva si non se traballase a carpintería o suficiente. Deseñamos dúas follas, unha de vidro interior e unha de madeira exterior que terá o espesor  do muro actual (80cm.) Na folla exterior reproduciríamos o oco orixinal en vidro e o resto sería en madeira en listóns verticais tratada en autoclave. Có tempo esta madeira exterior irá tornando a gris e parecéndose en gran medida a tonalidade da pedra. Cando estea pechada buscará pasar desapercibida e manter a proporción preexistente nos ocos pero ó estar aberta será un referente na edificación. No interior do seu bárbaro ancho albergará servizo para a terraza de madeira que propoñemos no exterior. Deste xeito será posible prolongar os usos interiores dentro do parque sempre que a climatoloxía o permita.

4. A  luz atravesando o edificio

Xa explicamos antes que a entrada de luz na planta baixa é moi escasa porque ten unhas fiestras moi pequenas. Isto produce sensación de opresión e empequenecemento. Propoñemos que o espazo respire a través da entrada de luz dende a cuberta ata a planta baixa. O sistema que escollemos, que está resolto con exactitude na sección construtiva, é dispor de velux na vertente sureste da cuberta e deixar que a luz atravese a edificación a través da instalación duns vidros translúcidos no forxado intermedio.