ARQUÉTIPOS!

Transformación de oficina en vivenda

Sin categoría

Comments Closed


Comparte este articulo

Encargo e situación de partida

A propietaria do inmoble presentounos o piso que acababa de mercar coma unha oportunidade para ela de vivir no centro, aínda que con certo temor de non ser capaz de transformar ese espazo escuro e anodino nun lugar onde poder escomezar un novo proxecto de vida. Nada máis visitar o inmoble e abrir as fiestras disipamos todo-los temores. O piso posuía grande cantidade de luz, unhas vistas bastante abertas e moitas posibilidades.

A situación que presentaba o inmoble era a dun espacio de oficina abandoado, terrazo no chan e tabiquería lixeira en madeira, falso teito de escaiola e cores neutras con madeira escura. O espazo era bastante alongado no eixo da entrada, polo que plantexaba un longo percorrido dende a entrada ata o final do piso.

Pola súa banda a propietaria demandaba un programa de necesidades sinxelo: dúas habitacións, unha cociña, aseo (s) e un estar. Unha cousa tamén quería, espazo de almacenamento que lle permitise gardar a maior cantidade de cousas que traía da súa vivenda precedente.



Proposta de reforma interior

Tendo en conta as premisas de partida da clienta e a forma do inmoble (alongada e estreita), a proposta pasaba por plantexar unha boa maneira de alcanzar tódolos espacios dende a entrada e moito espazo de almacenamento.

A esquina do fondo parecía a máis idónea para situar os espacios de día xa que desfruta de máis apertura visual na rúa e máis luz. Plantexando deste xeito o estar-cociña, xenerábase un pasillo que conectaba a entrada con eses espazos. Para romper a sensación de pasillo o que se fixo foi dotalo de contido e permitir a entrada de luz a traves doutras estancias. É por isto que se sitúa o espazo de almacenamento neste lugar de circulación, como espazo servidor das habitacións.

Así mesmo o tabique de comezo da cociña execútase en vidro, o que prolonga a chegada de luz ao distribuidor.

Tamén os dous baños relacionados a través dunha galería proxectan luz cara este espazo, de modo que a direccionalidade do mesmo queda un pouco interrompida. A galería do baño enténdese coma un espacio de filtro cara a rúa, énchese de vexetación e a luz fítrase cunha maiorquina.

O feito de que unha das paredes do distribuidor sexa «mobil» (portas de armarios que se abren e pechan), fortalece a idea de interrupción de direccionalidade.

No tocante ós materiais e ao ambiente decidiuse optar por materiais e texturas neutras, o blanco do mobiliario, das paredes e do teito permite que outros elementos teñan máis presenza, é o caso do chan que se recupera (terrazo en cor oscura) ou das texturas de madeira natural das portas e algún moble de menaxe. Esta decisión tamén favorece o encaixe do mobiliario da anterior vivenda que tiña a propietaria na que a reforma non compite (nin quere competir) con todos eses obxetos que pouco a a pouco se van acumulando ao longo dunha vida.